HomeCulturaExposición de Randolfe Vilariño no Círculo Saviñao

Exposición de Randolfe Vilariño no Círculo Saviñao

Xosé Randolfe Vilariño vén de inaugurar de novo unha exposición da súa obra pictórica no Círculo Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta ocasión pódese atopar case unha antoloxía da súa técnica, desde óleos a acrílicos, e tamén algún collage e acuarela, así como da súa traxectoria.

Para a inauguración contouse cun nutrido número de socios e amigos
que quixeron cambiar impresións co pintor do Castro de Carballedo. A exposición poderá visitarse ata o 23 de xullo.

Desde o Círculo Saviñao informan de nos interiores toman todas as medidas de ventilación e que progresivamente intensifian a súa actividade habitual que agardan poder desenvolver mellor proximamente no xardín de verán.

ÚLTIMAS

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...