HomesociedadeGastar mil euros en 60 minutos no comercio de Sarria e no...

Gastar mil euros en 60 minutos no comercio de Sarria e no de Montañas do Courel Noite Branca o 2 de xullo

"En 60 minutos 1.000 euros – 60x1.000" campaña para o mes de xullo organizada polo Aces CCU de Sarria e a Asociación de comerciantes e empresarios Montañas do Courel celebra este 2 de xullo unha Noite Branca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

ACES CCU Sarria vén de prensentar a campaña “en 60 minutos 1.000 euros – 60×1.000″. Así comezan xullo con esta proposta iniciada hai oito anos e que se covertiu nunha das actuacións con mellor acollida polos clientes do CCU Sarria, “debido ao premio tan apetecible que ten, MIL EUROS para gastar en todas aquelas cousas que queira a persoa gañadora, pero coa condición de que terán que ser gastados nun prazo máximo de 60 minutos,” aseguran. 

Esta campaña, que fomenta o comercio local, estará nas rúas da vila durante todo o mes de xullo, cadrando no tempo coas rebaixas do Centro Comercial Urbano de Sarria. As compras na treintena de comercios adheridos á campaña, farán que unha persoa sexa a gañadora de MIL EUROS para gastar ao seu antoxo en SESENTA MINUTOS, de acordo coas bases da promoción. 

Comercios participantes: “Ara Moda, Bicarelo, Bicos de Fío, Brissa Salón, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carlin, Colorín Colorado Sarria, Cris Abad, Dimar, Duet Moda, Electronova, Ferretería Sarria, Herboristería Linva, Juguetería Don Dino, Juguetería 1, 2, 3… escondite inglés, Lar de Menchu, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Óptica Malecón, Peregrinoteca, Sabrina, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida”.  

Asociación de comerciantes e empresarios Montañas Do Courel

Dende a Asociación de comerciantes de empresarios Montañas do Courel celebran este 2 de xullo unha Noite Branca. Comenzará as 21:00 e rematará as 00:00 h. da noite. Con cada compra superior a 10€ entrase no sorteo dunha cesta de vales de 15€ en cada un dos establecementos participantes. A gañadora terá un total de 135€ para cambiar até o día 6 de xaneiro de 2022. O sorteo realizarase as 00:15 h. no bar Quiper.

Os comercios adheridos son: Milar Secinga, Librería Celia, ETNA, Xobel, Librería Carmen, Aljayde, Vai Japi, Z & C, Modas Eva.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...