HomeDeportesO volei internacional formando aos máis novos

O volei internacional formando aos máis novos

Verónica Contereras, Yoraxi Meleán e Rebeca Kruse, tres xogadoras internacionais do C.V. Ribeira Sacra imparten o Campus que comeza este día 20.

Publicado o

- Advertisement -

O Campus de Volei e o Torneo de Volei Praia protagonizan o deporte de mediados de agosto en Monforte. O primeiro organizado polo Clube Voleibol Ribeira Sacra Monforte coa colaboración do Concello de Monforte está destinado a rapaces de entre 7 e 16 anos. A actividade desenvolverase entre o 20 e o 24 de agosto en horario de 10.00 a 13.30 h. no Pavillón Municipal da Pinguela. Os participantes contarán co asesoramento de tres grandes do volei internacional.

Mentres, no cadrado do Parque dos Condes desenvólvese ata o 24 de agosto o Torneo de Volei Praia. Este ano conta cun total de 202 participantes, 90 máis que na edición 2017, que compoñen un total de 31 equipos participantes.

 

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...