HomeMedio ambiente e PatrimonioO gran valor do patrimonio xeolóxico do Courel

O gran valor do patrimonio xeolóxico do Courel

O día 20 de agosto o proxecto Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel organiza unha xornada divulgativa ao redor deste tema en Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

Neste encontro, que comezará ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Quiroga, haberá dúas interesantes charlas sobre xeoloxía, a presentación dun libro e unha singular “cata de viños xeolóxica”.

A cronoloxía de intervencións e actividades será a seguinte:

20:00 h. Charla do Dr. Enrique Díaz Martínez (Área de Patrimonio Geológico y Minero, Instituto Geológico y Minero de España) baixo o título de “Patrimonio geológico: qué es, para qué sirve y dónde encontrarlo”.

20:45 h. Intervención do Dr. Daniel Ballesteros (Investigador de la Universidad de Rouen-Normandie y Centre National de la Recherche Scientifique en Francia. Miembro del Comité Científico Proyecto Geoparque Montañas do Courel). O título da súa alocución: “Las rocas de las Montañas do Courel, nuestros recursos más sólidos”.

21:30 h. Presentación do libro: “Las Montañas do Courel: una geología muy humana”.Este libro está editado pola Asociación Montañas do Courel e recolle unha primeira aproximación á xeoloxía do proxecto Xeoparque Munidial da UNESCO Montañas do Courel.

21:45 h. Difusión do patrimonio gastronómico Montañas do Courel cunha “Cata de viños xeolóxica”.

Prégase informar á organización da asistencia porque a participación na cata está limitada a 50 persoas. Para reservar praza contactar enviando un mail a grupogdr8@yahoo.es ou comunicarse por teléfono e/ou whatsapp no número 609814925.

Os asistentes recibirán como detalle un exemplar do libro que se presenta.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...