HomePolíticaOs socialistas de Triacastela denuncian que están sen médico "ante a pasividade...

Os socialistas de Triacastela denuncian que están sen médico “ante a pasividade da alcaldesa”

Os socialistas de Triacastela denuncian que están sen médico para atender aos 600 veciños e veciñas da vila. “Esta é a política sanitaria do PP, abandonar a todo un pobo. Non podemos continuar con este castigo sanitario, e mentres a Alcaldesa e todo o seu Goberno sigue impasible, sen mover un só dedo para arranxar esta situación”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas din que “nestes intres o centro de saúde só dispón dun só medico, unha ATS e un PSX para a atención sanitaria no Concello. Pero dende hai un tempo a médica de Triacastela está de baixa, e a día de hoxe o SERGAS non contratou a ningún facultativo para substituíla, polo tanto os doentes son atendidos polos sanitarios do PAC de Sarria, o que fai que cada día sexa un médico distinto o que realiza a consulta no Centro de Saúde de Triacastela”.

Diante deste panorama, “coñecemos ademais pola propia veciñanza que esta situación vai empeorar, xa que temos coñecemento de que no Centro de Saúde de Triacastela soamente vai consultar un médico tres días na semana do PAC de Sarria o luns, o xoves e o venres). E mentres os restantes dias, é dicir martes e mércores, o que precise consulta médica terá que desprazarse o Centro de Saúde de Samos”, advirten.

Lembran os socialistas que os mércores é o día que están programados os controis de Sintrón na veciñanza. Polo tanto, tódalas persoas que teñen que realizar eses controis terán que facelos en Samos, “persoas de idade avanzada que en moitos casos non dispoñen de medio de transporte para acudir á consulta”, denuncian. 

Dende a Agrupación Socialista de Triacastela engaden que esta situación vese agravada “co incremento da poboación vacacional e sen esquecer que estamos en pleno Xacobeo 2021-2022, e xa se estar a notar o incremento de xente que fai o Camiño de Santiago, o que fai que a presión asistencial aumente considerablemente no Centro de Saúde de Triacastela”, insisten.  

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...