HomeCultura“Paxaros do Concello de Monforte de Lemos” na casa da cultura Lois...

“Paxaros do Concello de Monforte de Lemos” na casa da cultura Lois Pereiro

A exposición “Paxaros do Concello de Monforte de Lemos” do debuxante maiorquín Eugenio García, permanecerá aberta para todos os públicos ata o luns 26 de xullo. A mostra está composta por 24 láminas de paxaros que habitan na contorna da comarca de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Eugenio García é un debuxante da natureza procedente de Mallorca e dende hai anos residente en Monforte de Lemos. Logo da observación e o estudo durante anos das aves do Concello de Monforte e comprobando a súa gran variedade xurdíulle a idea de debuxar as máis representativas. 

Con estes 24 debuxos sobre os paxaros de Monforte o autor tenta achegar as aves ás persoas para que observen de preto a súa beleza e sexan apreciadas un pouco máis. 

O autor leva máis de vinte anos debuxando paxaros empregando a técnica do “gouache” unha especie de acuarela, obtendo debuxos moi realistas para que o observador poida apreciar a beleza das aves. 

Colaborou en publicacións e participou en diferentes exposicións sobre ornitoloxía. No 2019 impartiu unha charla no Colexio Novo de Monforte sobre o Martín Peixeiro no río Cabe, con fotos e debuxos para explicar os costumes deste paxaro.

A idea do Eugenio García é facer medrar a afección á ornitoloxía, unha actividade saudable e reconfortable. A mostra pode ser visitada en días laborables, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 21:00 horas, con entrada gratuíta para todos os públicos.

ÚLTIMAS

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...