HomeMovementos sociaisNace en Chantada unha nova plataforma contra o "espolio enerxético" das eléctricas

Nace en Chantada unha nova plataforma contra o “espolio enerxético” das eléctricas

Os veciños de varias parroquias de Chantada veñen de constituír en Sabadelle unha nova plataforma contra o espolio enerxético, que se artella ademais nun grupo de traballo permanente. O obxectivo é formar, informar e asesorar as persoas afectadas para que tentar poñer fin aos "abusos e impunidade do oligopolio das eléctricas."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde a recén creada plataforma que non se opoñen a produción limpa de enerxía, pero consideran que Chantada xa ten suficientes liñas de alta tensión, encoros e parques eólicos como para padecer agora tamén o impacto da liña de alta tensión desde o Maxal deica a presa de Belesar en San Fiz.

“As consecuencias do modelo actual, froito dunha lexislación a medida das empresas á que os sucesivos gobernos nunca lle poñen couto, son problemas nas comunicacións, abandono e desvalorización da zona, limitacións no asentamento de exploracións gandeiras, espolio da terra agraria…,” afirma a plataforma.

Defenden que debería apostarse pola xeración distribuída e un canon enerxético que deixase unha porcentaxe elevada dos rendementos no territorio. Un modelo de produción de participación local, público e descentralizado e lamentan que a Xunta de Galiza e o Concello non informen ós veciños.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...