HomeComarca de QuirogaQuirogaA cofraría do viño de Quiroga desfilará o 17 de xullo

A cofraría do viño de Quiroga desfilará o 17 de xullo

A Confraría do Viño de Quiroga participará un ano máis nos actos da Feira do Viño. Ademais de estar presentes nos actos de inauguración da feira o día 24, os membros desta Confraría desfilarán como é tradicional pola rúa Real unha semana antes desta festa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 17 ás doce e media do mediodía, os confrades, ataviados co seu traxe de gala (capa e sombreiro) recorrerán a travesía principal da vila quiroguesa, dende a Casa Consistorial ata o Auditorio Municipal.

Este solemne acto forma parte da Feira do Viño de Quiroga dende o ano 2012, ano no que se fundou esta congregación, que conta dende entón con 23 membros. O número de membros é invariable, soamente se renovan cando queda algunha vacante, como ocorreu no ano 2019 cando entrou a formar parte desta institución a primeira muller confrade. 

O que este ano non realizará esta irmandade será a cata dos viños participantes na feira. O presidente da Confraría, José Manuel Rodríguez, non considera que nesta edición sexa necesario, “posto que as adegas que participarán son todas adegas industriais”. O cometido dos confrades na cata dos viños era detectar calquera problema de cor, sabor ou olor que puidesen presentar as mostras dos viños artesanais que estaban inscritos para a feira, que previamente xa pasaran análises nun laboratorio.

Como remate do desfile, xa a porta pechada, os membros do gremio realizarán unha xunta xeral anual na que este ano -segundo o seu presidente- haberá moitos puntos a tratar posto que o pasado ano, por mor da pandemia, non se celebrou. Un dos puntos que se poñerán riba da mesa será o de fixar a data para renovar a xunta directiva.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...