HomeCulturaO Círculo Saviñao e as tardes musicais na terraza

O Círculo Saviñao e as tardes musicais na terraza

O dúo formado por Lorena do Val e Gonzalo Herrero, profesores da Escola de Música Moderna de Monforte de Lemos, vén de ofrecer un concerto para socios e veciños na segunda das actuacións de verán "Tardes Musicais na Terraza" coas que o Círculo Saviñao aposta pola música en directo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lorena e Gonzalo, voz e contabaixo, fixeron un recorrido polas músicas máis auténticas do mundo, de moi diferentes estilos, que fixeron aplaudir con ganas ó público presente.

A seguinte cita musical no Círculo Saviñao nas fin de semana será o 24 deste mes coa Pequena Compañía, dúo formado por Sergio Ariel Rodríguez Riarte (guitarra e voz) e Amor Herrera (trombón e percusión). 

O venres, 30 de xullo, o grupo A Quenlla, ofrecerá o concerto “Trobador non Camiño, as cantigas de Martín de Pradozelos”, traballo que aborda a creatividade musical, a interpretación e a gravación de textos de Martín de Padrozelos, quen se cre que foi o primeiro trobador galego-portugués de finais do século XI con referencia escrita. A actuación está facilitada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Lorena e Gonzalo / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...