HomeCulturaConcerto do grupo folk Tor no 15 aniversario do Museo Pazo de...

Concerto do grupo folk Tor no 15 aniversario do Museo Pazo de Tor

O Pazo de Tor celebra o vindeiro sábado o quince aniversario da súa apertura como espazo expositivo da Rede Museísitca Provincial cun concerto do grupo de folk céltico Tor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pazo de Tor abriuse como museo o 13 de xullo do ano 2006, despois das obras de acondicionamento e melloras do edificio que a Deputación de Lugo levou a cabo despois de que a derradeira propietaria, María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, doase a titularidade á Deputación de Lugo.

O edificio foi construído no último tercio do século XVIII  aínda que conserva algún vestixio anterior e foi tamén afectado por algunha reforma posterior. É encadrable dentro do estilo barroco, de longa persistencia en Galicia, pero xa matizado por certo sentimento estético neoclásico, visible na súa sobriedade, simetría e emprego das ordes clásicas.

A visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, permite tamén coñecer integramente todas as salas e dependencias co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas da, un testemuño privilexiado  do modo de vida da nobreza na Galiza da Idade Moderna.

Para celebrar os 15 anos da apertura como espazo museístico, este sábado ás 19.00 con entrada libre, contarase co concerto de Tor, a formación, que reúne os músicos e investigadores Cástor Castro (frautas de madeira), Félix Castro (anglo concertina, acordeón diatónico e gaita galega), Álvaro Iglesias (contrabaixo) e Xosé Liz (bouzuki, guitarra acústica e mandolina), interpretará un repertorio de temas instrumentais tomados da tradición galega, con arranxos contemporáneos.

O grupo estará acompañado por un elenco de artistas convidados que singularizarán a súa actuación no pazo monfortino: o violinista Pancho Álvarez, a pandeireteira Soco Rúa e a parella de baile formada por Lucía Cedrón e David Leadbeater.

O frautista Cástor Castro sinala que se trata “dun escenario no que teñen moito interese” xa que o Pazo de Tor deu nome ao grupo e ten, ademais, un vínculo moi importante co zanfonista e gaiteiro ourensán Faustino Santalices. Segundo detalla o músico, a familia Taboada (derradeira propietaria do inmoble) proveu a zanfona que Santalices empregou no disco “Gravacións históricas de zanfona”, fundamental na historia da música tradicional.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...