HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra presenta 53 mostras ao Mondial des Vins Extremes

A D.O. Ribeira Sacra presenta 53 mostras ao Mondial des Vins Extremes

O “Mondial des Vins Extremes”, o certame internacional máis importante no ámbito da viticultura de montaña, que organiza o CERVIM no Val italiano de Aosta, celébrase entre o 15 e 16 de Julio no Val de Aosta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os criterios que deben de cumprir as Denominacións para que os seus viños participen no certame deben de ser algúns dos seguintes: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas.

A D.O. Ribeira Sacra é referente mundial do que se denomina viticultura heroica, denominación á que se chega por unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno tamaño habitualmente organizados en terrazas; condicións climáticas adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de elevada beleza e con carácter turístico.

O CERVIM, promotor da cita busca con ela valorizar a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria. O seu obxectivo é salientar as características únicas destes viños e dar a coñecer aos consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para a posta en valor do territorio.

A D.O. Ribeira Sacra presenta este ano, 53 mostras, 44 de tintos e 9 de brancos, pertencentes a 27 adegas. Os bos resultados que a D.O. Ribeira Sacra obtén sempre en Aosta son un trampolín internacional para os seus viños e convertérona nun dos referentes mundiais máis importantes dentro da viticultura de montaña ou viticultura heroica.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...