HomeCulturaUnha chea de actividades na Praia Fluvial de San Clodio

Unha chea de actividades na Praia Fluvial de San Clodio

O Concello de Ribas de Sil vén de presentar o programa de lecer e entretemento para o que resta de xullo. Espectáculos infantís, maxia e un concerto de Sr. Jingles daranlle vida ao anfiteatro da Praia Fluvial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xa é costume chegadas as datas de verán, o Concello de Ribas de Sil deseña unha ampla axenda de actividades para gozar na Praia Fluvial de San Clodio.

As actividades empezaron este venres 16 cun espectáculo de monicreques a cargo da compañía “Garabato de Xogos”, e o vindeiro domingo 18 ás 20:00 h. actuará Paco Nogueiras. Este último chega co esu espectáculo musical “Brinca Vai”.

De cara á vindeira semana, o venres 23 ás 20:00 recunca Garabato de Xogos, nesta ocasión co espectáculo “O gato simple”; o sábado 24 chega o Mago Deimi –Hermanager Producións– cunha dobre proposta: pola mañá ofrece un obradoiro de maxia ás 12:00 h. na Aula de Pesca, e pola tarde, ás 20:00 h., un espectáculo de maxia no anfiteatro da Praia Fluvial.

Para o domingo 25, día de Galicia, haberá un contacontos a cargo do narrador Caxoto. Será ás 20:00 h. e a proposta: “Contos de medo que deixan durmir”.

Rematando o mes de xullo, na súa derradeira fin de semana, recunca Caxoto cun contacontos o venres 30 ás 20:00 h. e o sábado 31 actuación de Sr. Jingles, un concerto para público adulto que comezará ás 23:45 h.

Sr. Jingles. Foto: Ramiro

Sr. Jingles é unha proposta musical con influenzas nacionais do rock clásico como Carlos Tarque, M-Clan, ou Vetusta Morla.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...