HomesociedadeA Confraría do Viño de Quiroga anticipa a Feira do Viño do...

A Confraría do Viño de Quiroga anticipa a Feira do Viño do día 24

A Confraría do Viño de Quiroga participa un ano máis nos actos da Feira do Viño. Ademais de estar presentes nos actos de inauguración da feira o día 24, os membros desta Confraría desfilaron como é tradicional pola rúa Real.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, os confrades, ataviados co seu traxe de gala (capa e sombreiro), recorreron a travesía principal da vila quiroguesa, dende a Casa Consistorial ata o Auditorio Municipal. Este solemne acto forma parte dos prolegómenos da Feira do Viño de Quiroga dende o ano 2012, ano no que se fundou esta congregación, que conta dende entón con 23 membros. O número de membros é invariable, soamente se renovan cando queda algunha vacante, como ocorreu no ano 2019 cando entrou a formar parte desta institución a primeira muller confrade. 

O que este ano non realizou esta irmandade foi a cata dos viños participantes na feira. O presidente da Confraría, José Manuel Rodríguez, non considera que nesta edición fose necesario, “posto que as adegas que participarán son todas adegas industriais”. O cometido dos confrades na cata dos viños era detectar calquera problema de cor, sabor ou olor que puidesen presentar as mostras dos viños artesanais que estaban inscritos para a feira, que previamente xa pasaran análises nun laboratorio.

Como remate do desfile, xa a porta pechada, os membros do gremio realizaron unha xunta xeral anual na que este ano -segundo o seu presidente- había moitos puntos a tratar posto que o pasado ano, por mor da pandemia, non se celebrou. O estado de contas e a convocatoria de eleccións para renovar a xunta directiva foron algúns dos puntos que se puxeron  riba da mesa.

Confraría do Viño de Quiroga / concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...