HomesociedadeTres positivos nun centro de discapacidade en Sarria elevan a 18 os...

Tres positivos nun centro de discapacidade en Sarria elevan a 18 os contaxios en Galicia

Segundo informaron este venres as consellerías de Política Social e Sanidade, ademais, saíron da lista dous usuarios da residencia de Campolongo en Pontevedra.

Publicado o

- Advertisement -

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria rexistra tres usuarios contaxiados de Covid-19, mentres que nas residencias de maiores detectouse un novo contaxio na de Val do Dubra.

Segundo informaron este venres as consellerías de Política Social e Sanidade, ademais, saíron da lista dous usuarios da residencia de Campolongo en Pontevedra.

Deste xeito, no centro pontevedrés de Campolongo hai cinco usuarios contaxiados, ao negativizar dous do sete detectados neste centro de maiores.

BALANCE

Por iso, nas residencias de maiores de Galicia a día de hoxe hai seis usuarios contaxiados de Covid-19, un no centro de Val do Dubra e cinco na residencia de Campolongo.

Pola súa banda, as residencias de discapacidade suman 18 casos de Covid, 15 deles dun brote de usuarios na Residencia Gravemente Afectados Valverde de Allariz, na que tamén se detectaron tres traballadores contaxiados, e tres no CAPD de Sarria.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...