HomeCulturaAxenda musical e cultural de Sarria para a finde do Día de...

Axenda musical e cultural de Sarria para a finde do Día de Galicia

A vila de Sarria afronta a fin de semana do 24 e 25 de xullo con moitos e variados eventos: unha gran noite de concertos, coa edición especial do ‘Esmorga Fest’, unha acción alfombrista, un concerto de Abraham Cupeiro e unha xornada máis do ciclo de narración oral.

Publicado o

- Advertisement -

Despois de ter que cancelar a súa última edición, xusto o día antes da súa celebración o pasado 2020, o festival de música independente xa consolidado en Sarria regresa cunha edición especial e de balde este 24 de xullo.


Esta nova edición do “Esmorga Fest” terá lugar no Campo de Rugby de Sarria, un espazo amplo e ao aire libre que, xunto con outras medidas anticovid, garantirán a seguridade dos seus asistentes. As portas do recinto abriranse ás 18:00 h. e actuarán os seguintes grupos: Niña Coyote eta Chico Tornado, Holywater, Depresión Sonora e Monteperdido.

ALFOMBRAS NO CAMIÑO

Este sábado e domingo, alfombristas de Sarria participarán nunha iniciativa  que consiste na elaboración da ‘alfombra mundial de 2021’. Unha creación floral que se realizará simultaneamente en 250 países de todo o mundo con tradición na arte efémera para conmemorar o Xacobeo 2021-2022.

Os traballos comezarán este sábado 24 a partir das 17:00 h. e a ubicación será na Rúa do Peregrino ao final do Malecón.

Elaboración da alfombra coa Cruz de Santiago (2021). Foto: Alfombristas Sarria

ABRAHAM CUPEIRO

“Resoando no Camiño Francés”, o proxecto artístico do músico sarriao Abraham Cupeiro, chega a Sarria o Día de Galicia. O espectáculo será no Mosteiro da Magdalena o 25 de xullo ás 20:00 h.

Recoméndase reservar praza no teléfono 982 535000.

NARRA SARRIA

O primeiro Festival de Narración Oral e Contacontos que se organiza na vila de Sarria segue a axenda prevista e este domingo 25, Día de Galicia, contará con dúas interesantes propostas.

Ás 12.30 horas, no Malecón, está programado o espectáculo “O agasallo das árbores“, de Cris de Caldas Xabi do Camiño. Trátase dunha sesión de contos familiar con música en directo que ten como fío condutor o conto dos tres porquiños e a concienciación medioambiental.

Xa pola tarde, ás 20.00 horas, estará de novo Cris de Caldas, esta vez en solitario coa súa proposta narrativa, “Un feixe de contos“. O contacontos será onde a Iglexa de Santa Mariña.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...