HomePolíticaOs socialistas demandan axudas da Xunta para os danos do pedrazo en...

Os socialistas demandan axudas da Xunta para os danos do pedrazo en San Fiz

O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá no Pleno ordinario que se celebrará mañá martes, día 27, unha moción “para reclamar ao Goberno de Feijóo axudas para paliar os danos sufridos polos cultivos de vide en Chantada os días 15 e 16 de xuño, e que inclúa unha liña de axudas directas semellante ao feito no ano 2016 noutros lugares da provincia”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas presentan esta moción tras escoitar as demandas dos produtores afectados. Lembran que “o concello de Chantada viviu un episodio climatolóxico de excepcional virulencia, con precipitación de saraiba e treboadas dunha intensidade extraordinaria, que causaron a práctica destrución das colleitas agrícolas na parroquia de San Fiz e cuantiosísimos danos noutras catro parroquias: Sabadelle, Pedrafita, Belesar e Líncora. A magnitude do acontecido é tal que, non só se dan por perdidas a colleita dos froitos desta tempada, senón que incluso as mesmas plantacións con décadas de crecemento corren risco de estragarse”.

Advirten de que “a produción vitícola é un sustento fundamental da nosa economía, tanto directamente como mantendo todo un tecido empresarial indirecto, creador de multitude de postos de traballo que este acontecemento meteorolóxico extraordinario pon en serio perigo. A pesares da contía dos danos – unhas 70 has afectadas, 500.000 quilos de uva perdidos – e de que estes podan afectar ás colleitas de anos vindeiros, o Goberno de Feijóo e a Xunta, non contemplan axudas para as viticultoras e viticultores que non conten cun seguro que cubra os danos”.

Lembran os socialistas que a Xunta ten habilitado estas axudas ante sucesos similares noutras ocasións, de acordo co que estipula a Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia, sen prexuízo de que se poda solicitar para a zona a cualificación de “zona catastrófica” ou de “zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil” – e de acordo co disposto nos artigos 20 a 25 da Lei 17/2015, de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil”.

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...