HomeCulturaHomenaxe a Xosé Díaz Fuentes, ‘Fillo predilecto’ de Sarria

Homenaxe a Xosé Díaz Fuentes, ‘Fillo predilecto’ de Sarria

No 2020 cumpríronse dez anos do pasamento deste gran escultor sarrián. Para honrar a súa memoria, o concello participa na organización dunha exposición con dez esculturas e trinta debuxos seus e doce obras de artistas amigos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Malia as dificultades que ofrecen as circunstancias actuais, botou a andar a exposición en homenaxe ao gran escultor sarrián Xosé Díaz Fuentes organizada polo Concello de Sarria e en colaboración coa Biennale de Sarria – AAC.. Faino cun ano de retraso e co obxectivo de conmemorar os dez anos do seu falecemento.

A inauguración tivo lugar o mércores 21 de xullo ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Sarria (Rúa Marqués de Ugena s/n), lugar onde se poderá visitar ata o 31 de agosto.

A exposición deste artista, “fillo predilecto de Sarria”, amosará dez esculturas e uns trinta debuxos seus, algúns deles inéditos, ademais de doce obras de artistas amigos.

En palabras dos organizadores, “a través desta exposición, amigable e festiva, o recordo, a memoria e o espírito do gran creador de formas continuará axudando a coidarnos e a nutrir o noso pensamento”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...