HomeCulturaExperiencia astronómica observando o ceo dende Sarria

Experiencia astronómica observando o ceo dende Sarria

O vindeiro día 30 de xullo, e dentro da programación do Xacobeo 21-22, aqueles que se anoten previamente na Biblioteca Municipal poderán gozar dunha actividade na que se identificarán os planetas, estrelas dobres, nebulosas, cúmulos estelares e incluso a lúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro de dous programas organizados baixo o paraugas da programación do Xacobeo 21-22, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela desenvolverá actividades de divulgación este verán en varias comunidades por onde pasa o Camiño de Santiago, sendo 9 as cidades e vilas de Galicia as afortunadas.

No sur de Lugo, o Concello de Sarria poderá gozar desta oportunidade dentro do programa Camiños de Estrelas, organizado polo Consello Xacobeo a través da iniciativa e coordinación técnica de Turismo de Galicia. A actividade, dirixida a todos os públicos, realizarase o 30 de xullo ás 22:30 h. na Casa da Cultura e baixo inscrición previa –tel. 982 530723–.

Realizarase unha charla previa sobre cuestións astronómicas de interese para logo pasar ás observacións, tanto a simple vista, de recoñecemento de constelacións, identificación do triángulo de verán e mesmo da Vía Láctea; coma observacións telescópicas con instrumental levado polo propio Observatorio.

O obxectivo principal será identificar os planetas, estrelas dobres, nebulosas, cúmulos estelares e incluso a lúa.

Durante a sesión, o público, que deberá respectar escrupulosamente as medidas sanitarias vixentes, será informado sobre as características físicas de cada astro observado, mitoloxía e demais datos adicionais, coa finalidade de que a velada sexa non só un interesante encontro científico-cultural, senón unha forma tamén de pasalo ben dun xeito seguro nas nosas fermosas noites estivais.

ÚLTIMAS

Un ‘Roteiro Fiz Vergara Vilariño’ especial para gozar dun percorrido mellorado e con restauracións artísticas

Este sábado 31 de maio de 2025 terá lugar na Lóuzara Xabreira de Fiz...

A Copa de España de Descenso chega esta fin de semana ao Páramo coa disputa do BTT DH Molinos

Este luns pola tarde presentouse o BTT DH Molinos, co aliciente engadido de formar...

8.000 maiores do sur da provincia xa poden beneficiarse das facilidades do Carné +65

Máis de 8.000 maiores da comarca de Lemos (entre os 81.000 da provincia de...

Quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais de particulares

A prohibición de queimas para particulares dos restos agrícolas e forestais implica que non...