HomesociedadeA Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur colabora coa RAG nun...

A Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur colabora coa RAG nun proxecto de toponimia

A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur vén de recibir a validación dos 100 primeiros topónimos cos que iniciou a colaboración co proxecto “Galicia Nomeada”, impulsada e coordinada pola Real Academia Galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Galicia Nomeada”, é un proxecto aberto e participativo no que identificar a microtoponimia de toda Galicia. A asociación púxose en contacto tanto coa directiva da RAG como cos responsables do proxecto e a propia Comisión de Toponimia para formalizar esta colaboración. 

Para esta validación dos topónimos fixo falta o aval dun especialista en materia filolóxica que, neste ocasión, é un dos membros da directiva. Desta maneira, a Real Academia Galega outorga un recoñecemento ao traballo da asociación e recoñece a importancia da implicación do asociacionismo de base.

A tarefa realizada dende a asociación parte do traballo de campo e do estudo posterior. A etes primeiros 100 topónimos validados agardan veña outra ampla remesa de novos topónimos que completen a cartografía onomástica de Vilachá. 

A importancia da toponimia é enorme posto que representa un patrimonio inmaterial en perigo xa que coa morte das persoas máis vellas tamén se van perdendo algúns topónimos. Por iso, dende a Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur tamén chaman a que outras asociacións e colectivos de parroquias da Ribeira Sacra participen en “Galicia Nomeada” para asegurar a conservación e pervivencia da toponimia de toda esta comarca. 

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...