HomeDeportesComeza o XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte e a 3ª...

Comeza o XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte e a 3ª quenda do Campamento Deportivo de Verán

Comeza a actividade do XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo que conta cun total de 72 nenos e nenas participantes con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, o que supón un 100 % das prazas ocupadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade desenvolverase ata o 6 de agosto no Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas entre as 10:00 e as 13:00 h. Trátase dunha actividade tradicional dentro da programación deportiva de verán que organiza anualmente o Concello de Monforte, que este ano, e con motivo da crise sanitaria da COVID – 19, realízase cun protocolo especificamente deseñado para que todos os nenos e nenas participantes poidan gozar da actividade con total seguridade.

Comezou tamén a derradeira quenda do Campamento Deportivo de Verán que se prolongará ata o 13 de agosto e na que participan un total de 96 nenos e nenas, o que supón tamén un 100 % de ocupación das prazas ofertadas.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fai un balance moi positivo do funcionamento das actividades que forman parte do programa deportivo de verán, entre outras cousas porque “a ocupación foi do 100 % das prazas ofertadas que foron un total de 616 repartidas entre o Campamento Deportivo de Verán, o Campus de Fútbol e os cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal”.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...