HomesociedadeQuiroga celebra o 10 de agosto a XXX Mostra do Mel

Quiroga celebra o 10 de agosto a XXX Mostra do Mel

O Concello de Quiroga dará a coñecer unha vez máis a calidade do mel que se produce no municipio. Farao o martes, día 10 de agosto, na Mostra do Mel, coincidindo coa feira de mercado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Serán 4 os apicultores que presenten nesta edición da mostra o mel desta zona, deixando claro porque este produto comparte en Quiroga un lugar destacado, xunto co viño e o aceite.

As actividades organizadas con motivo desta Mostra comezarán xa o xoves día 5, coa apertura da exposición “Apicultura tradicional galega” – que inclúe 42 fotos e un vídeo sobre o control da Vespa Velutina – e unha charla a cargo de María Lorenzo, sobre “Apiturismo no Courel: Ruta das alvarizas de Seceda.” Estas dúas actividades forman parte do proxecto Apiturismo Xacobeo 2021/2022 da Asociación Galega de Apicultura.

Este programa de Apiturismo ten por obxectivo poñer en valor a apicultura milenaria cunha arquitectura única no mundo, da que dan conta construcións e ferramentas que forman parte da paisaxe e do patrimonio etnográfico e cultural das aldeas de Quiroga: as alvarizas, alvares ou cortíns. 

O recinto feiral para a venda de mel e outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole, instalarase o martes día 10 dende primeiras horas da mañá pola rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial. A partir das once da mañá a charanga Europa encargarase de amenizar o recinto feiral. 

Os colmeares situados nas zonas máis altas do municipio producen mel co predominio do castiñeiro, mentres que os situados nas zonas do val dan mel de brezo, planta moi abondosa e da que Quiroga recibe o seu nome; nas zonas intermedias as abellas recollen o pole de castiñeiros e queirugas que xuntan con moitas outras flores dando un mel multifloral. Tres variedades con matices diferentes en canto a cor, textura e sabor pero coa mesma calidade. Contarase cunha degustación de meles “Meles Cinco Estrelas de Galicia”, organizada pola Asociación Galega de Apicultura.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...