HomeCultura"Movendo os Marcos" no Saviñao e o Círculo Saviñao presenta a programación...

“Movendo os Marcos” no Saviñao e o Círculo Saviñao presenta a programación de agosto

A asociación de veciños do Saviñao organiza unha sesión de contacontos para adultos que se desenvolverá este venres a partir das 8 da tarde. E o día 7 de agosto o Círculo Saviñao abre a programación de agosto cun concerto na terraza da sociedade por conta de Jorge Alcalá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación de veciños do Saviñao organiza unha sesión de contacontos para adultos “Movendo os Marcos” a cargo de Anxo Baranga membro da agrupación teatral Furafollas de Barcelona. O acto terá lugar o venres 6 de agosto a partir das 8 da tarde. Será na praza entre a Biblioteca municipal de Escairón e o Auditorio, ou no interior do Auditorio no caso de choiva. O acto será gratuito.

E tamén no concello do Saviñao, o Círculo Saviñao organiza interesantes actividades para este mes de agosto. O día 7 contarase coa actuación musical de Jorge Alcalá, será unha das actuacións de terraza do Círculo e terá lugar a partir das 8 da tarde. O 13 de agosto ás 8 e media da tarde será a presentación de libro del Mar López Sotelo, “Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago.

O día 14 de agosto volven os concertos da terraza, con concerto a partir das 8 da tarde do dúo Two in the Mirror. O 21 de agosto ás 7 da tarde haberá concerto lusófono do cantautor angolano, Alberto Mvundi. E a programación de agosto no Círculo Saviñao pecharase o día 28 de agosto co concerto de Carta de Ajuste a partir das 7 da tarde.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...