HomesociedadeA Garda Civil nos campamentos de verán de Quiroga

A Garda Civil nos campamentos de verán de Quiroga

Continúan a desenvolverse con éxito os campamentos de verán do Concello de Quiroga. Estes campamentos iniciáronse a principios do mes de xullo e hai inscritos un total de 40 nenos e nenas. Non puideron entrar todos os rapaces coas medidas de prevención anticovid, polo que foi preciso ter en conta diversos requisitos para dar preferencia de entrada como estar empadroados en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes campamentos están sendo do máis entretidos para eles , xa que son moitas as actividades que realizan o aire libre. Esta semana tiveron a oportunidade de coñecer de moi preto a labor que realizan os profesionais dos servizos de emerxencias, sanitarios e forzas de seguridade. 

Nas inmediacións do parque da Constitución estiveron cos vehículos do G.E.S. quen lles ensinaron como se manexan as mangueiras que se empregan no momento de apagar un lume, logo chegou a quenda de ver o traballo que realizan os traballadores do servizo de emerxencias 061 que presta os seus servizos no noso municipio. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de ver como funcionaban os aparellos que utilizan diariamente no seu traballo como sanitarios. 

Abraiados e emocionados quedáronse os rapaces e rapazas dos campamentos de verán coa visita dos axentes da Garda Civil da  Comandancia de Lugo e o sarxento do posto de Quiroga, cando se achegaron a ensinarlle os vehículos cos que diariamente realizan as patrullas polo noso municipio.  Nestas visitas tamén participaron  os responsables municipais, a concelleira de Educación e Infancia Loli Sánchez, e o rexedor local, Julio Álvarez, quen desenvolveu a súa profesión de toda a vida no eido da sanidade pública.

Os campamentos continuarán desenvolvendo a súa actividade diaria de luns a venres desde as once da mañá ata as dúas do mediodía, ata o martes 31 de agosto, data de remate dos mesmos.

Campamentos de verán Quiroga / concello de Quiroga

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...