HomesociedadeRibeira Sacra camiña cara un agosto ao 90% de ocupación despois dun...

Ribeira Sacra camiña cara un agosto ao 90% de ocupación despois dun xullo top

Antes da pandemia o destino Ribeira Sacra incrementaba progresivamente o número de visitantes en períodos vacacionais. O pasado ano, en plena crise sanitaria, reduciuse o número de visitantes, pero co 2021 os números melloran os datos que había antes do coronavirus.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra informan de que os datos recollidos ata o momento, correspondentes ao mes de xullo, arroxan os seguientes resultados en canto á ocupación dos aloxamentos.

Nos hoteis de 3 e 4 estrelas a ocupación foi do 86%, cando no 2019 era do 80% e no 2020 do 85%. En Turismo Rural pasouse dunha ocupación do 73% no 2019 e un 66% no 2020 a un 80% de ocupación este ano. Noutros establecementos, exceptuando albergues que seguen moi limitados pola normativa COVID), a ocupación foi do 80% (76% en 2019 e 52% en 2020). Os datos xerais deixan unha ocupación do 77% no 2019, do 67% no 2020 e do 82% neste ano.

Para este mes de agosto, as previsións de ocupación rondan o 90% ao contar os hoteis de 3 e 4 estrelas cunha ocupación do 90%, do 91% no Turismo Rural e do 85% noutros, para un xeral de previsión de ocupación do 89%.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...