HomeComarca de QuirogaRibas de Sil acolle a presentación dun libro para restaurar a dignidade...

Ribas de Sil acolle a presentación dun libro para restaurar a dignidade de José Darriba Puente

Trátase dunha obra de Alicia Garrido que honra a memoria do seu tío avó, "o fillo da Licha", e documenta un capítulo sanguiñento da represión fascista en San Clodio. O acto será o sábado 14 ás 20:00 h. no salón de actos do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O colectivo Capitán Gosende organiza en San Clodio de Ribas de Sil a presentación do libro José Darriba Puente, o fillo da Licha. Memoria dun fusilado (1917-1937), unha obra da profesora Alicia Garrido.

O acto terá lugar o vindeiro sábado, 14 de agosto, ás 20:00 horas no salón de actos do concello.

Presentará o acto o 1º tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Roberto Castro, estando a autora acompañada do editor Moisés Barcia, director de Edicións Morgante, e o historiador Manuel Cao.

Con este primeiro ensaio, Alicia Garrido ten por obxectivo rescatar do esquecemento e restaurar a dignidade de José Darriba Puente e a de todos aqueles que, en San Clodio de Ribas de Sil, deron a súa vida ou comprometeron o seu benestar por defenderen a legalidade republicana.

Nunha entrevista que lle fixemos a Garrido en marzo deste 2021, e referíndose aos fusilados, di o seguinte: “é tarefa ineludible recuperar a súa memoria, anular os xuízos farsa, restaurar publicamente a súa dignidade… De non seren atendidas estas reivindicacións, de non ser recoñecido o seu compromiso coa liberdade, estariámolos condenando a morte outra vez”.

Portada do libro

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...