Homesociedade30 anos dando a coñecer a calidade do mel de Quiroga

30 anos dando a coñecer a calidade do mel de Quiroga

Este martes celebrábase a XXX Mostra do Mel de Quiroga. Trinta anos son os que leva o Concello de Quiroga dando a coñecer a calidade do mel que se produce no municipio. E unha vez máis esta data fixada no calendario vén a coincidir coa feira de mercado, unha das máis multitudinarias de todo o ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Foron tres os apicultores que este ano presentaron o mel desta zona, deixando claro porque este produto comparte en Quiroga un lugar destacado, xunto co viño e o aceite. O recinto feiral abriuse a todo o público desde primeiras horas da mañá onde se podían mercar, ademais do mel,  outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole. Foron varios os postos que se instalaron ao longo da rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial. 

As colmeas da maioría dos apicultores están  situados nas zonas máis altas do municipio onde  producen mel co predominio do castiñeiro, mentres que os situados nas zonas do val dan mel de brezo, planta moi abondosa e da que Quiroga recibe o seu nome; nas zonas intermedias as abellas recollen o pole de castiñeiros e queirugas que xuntan con moitas outras flores dando un mel multifloral. Tres variedades con matices diferentes en canto a cor, textura e sabor pero coa mesma calidade. Na edición deste ano quixeron destacar a pouca cantidade que non impediu que o mel desta colleita  fose dunha excelente calidade.

Feira do mel 2021 / concello de Quiroga

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, presumiu nesta trixésima mostra dos tres produtos” biblícos” cos que conta Quiroga, o viño,o aceite e o mel.

A Asociación Galega de Apicultura ademais da exposición de Apiturismo,  que aínda se pode visitar ata este venres 13 de agosto, trouxo a Quiroga outra actividade, trátase dunha degustación de meles “Meles Cinco Estrelas de Galicia” na que puideron participar toda as persoas que quixeron. Neste evento tampouco faltou a música, sería a  charanga Europa a encargada de  amenizar o recinto feiral. 

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...