HomesociedadeInaugurada a remodelada praza Doutor Goyanes

Inaugurada a remodelada praza Doutor Goyanes

As actuacións de mellora na praza de Doutor Goyanes deron comezo á principios deste ano 2021 e contaron cunha inversión de 86.914,02 euros. A empresa Ocisat foi a encargada de desenvolver os traballos, logo dos cales acádase unha praza totalmente renovada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta actuación na praza de Doutor Goyanes acádase un espazo reordenado, totalmente accesible e diáfano, ó eliminar as barreiras arquitectónicas existentes, e cun pavimento totalmente renovado.

A praza de Doutor Goyanes é o resultado dunha intervención relativamente recente ó construírse a principios do século pasado o hotel Comercio, un dos escasos edificios singulares que se construíron en Monforte naqueles anos. Esta praza tivo sempre un marcado carácter comercial xa que nela asentábase o primitivo mercado e sufriu unha importante modificación coa apertura do Malecón.

As obras que acometeu o Concello na praza de Doutor Goyanes supuxeron a renovación do seu pavimento e a eliminación das barreiras arquitectónicas existentes, así como a reordenación da súa estrutura e dos seus elementos, coa colocación de bancos e árbores.

“Coas obras que se levaron a cabo en Dr. Goyanes, buscamos devolverlle o carácter de pequena praza, recuperando a continuidade da rasante sen desniveis nin muros ou escaleiras que rompan a súa continuidade. Para conseguir isto, fíxose necesario levantar o anterior pavimento, para xerar esta nova topografía que queríamos acadar para a praza, quedando despois das obras totalmente diáfana, semellante á Praza de España, e humanizándoa, coa colocación de diversos bancos e árbores”.

Do mesmo xeito, coa reordenación espacial da praza e a eliminación das barreiras arquitectónicas existente, dotouse de continuidade ó itinerario peonil, conforme ó vixente código de accesibilidade.

Tamén, nesta obra de mellora utilizáronse materiais acordes co carácter histórico da praza e a súa consideración de BIC dentro do casco Histórico de Monforte.

Para elo utilizouse unha soleira armada de formigón, de 20 cm de espesor, sobre a que se colocaron lousas escuadradas de granito Silvestre abuxardado, de 10 cm de espesor. Este pavimento de pedra organizouse significando as direccións determinadas pola fachada lateral do antigo Hotel Comercio e a fachada á praza do edificio colindante.

“Con este proxecto, ó que hai que engadir a peonalización das rúas Armando Cotarelo e Abelardo Baanante, así como a renovación integral da escalinata que conduce a Santo Domingo e á igrexa da Régoa, cuxas obras están a piques de rematar”, destaca o Alcalde, “creo que estamos a mellorar significativamente esta área próxima á Ponte Medieval e no corazón histórico da cidade, favorecendo a calidade de vida dos nosos cidadáns. Dende o Equipo de Goberno, continuamos co desenvolvemento do programa de mellora de infraestruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas e que vou cumprindo, tal como anunciamos”.  

ÚLTIMAS

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...