HomesociedadeComo lle pode afectar o cambio climático aos viñedos de Amandi?

Como lle pode afectar o cambio climático aos viñedos de Amandi?

Vicente Sotés, Catedrático da Universidad Politécnica de Madrid, dará resposta a esta e a outras cuestións relacionadas no Centro Sociocultural de Sober o mércores 18 de agosto. A continuación haberá unha cata dos viños gañadores da XLI Feira do viño de Amandi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro das actividades do Mes do Amandi, o vindeiro mércores 18 de agosto ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober terá lugar unha charla a cargo o de Vicente Sotés, Catedrático da Universidad Politécnica de Madrid, experto da O.I.V. –Organización Internacional da Viña e o Viño– en Cambio Climático.

A charla terá por título ‘O efecto do cambio climático, o desafío da adaptación de variedades nos viñedos de Amandi’.

Ao final da charla o enólogo Alfonso Losada, máster en viticultura e enoloxia, dirixirá unha cata dos viños gañadores do concurso de cata da XLI Feira do viño de Amandi.

Alfonso Losada. Foto cedida polo Dpto de prensa de Sober

O aforo para cumprir coa normativa sanitaria é de 20 prazas. Para participar é preciso anotarse en turismo@concellodesober.com ou na propia Oficina Municipal de Turismo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...