HomesociedadeMisa na honra á Virxe de Montserrat e 'Fogos de San Vicente'...

Misa na honra á Virxe de Montserrat e ‘Fogos de San Vicente’ en Monforte

Serán os dous únicos actos relacionados coas Festas Patronais que se celebrarán na cidade do Cabe por mor da Covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Festas Patronais monfortinas non serán, un ano máis, o que acostuman a ser. O Concello de Monforte decidiu non organizar eventos nin actividades paralelas a excepción da misa na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat, e os tradicionais Fogos de San Vicente.

A misa celebrarase este domingo 15 de agosto ás 11 horas como viña sendo tradicional pero na Igrexa de A Régoa por mor das obras na igrexa de San Vicente. E pola noite, ás 24:00 h., serán os Fogos de San Vicente, tendo unha proxección semellante á de anos anteriores, aínda que terán unha lonxitude no tempo un pouco maior e tamén unha maior intensidade e calidade que en anos precedentes.

Para acudir á celebración relixiosa, a comitiva da Corporación municipal e de autoridades sairá ás 10:45 horas dende o Concello, para recorrer a pé o percorrido ata a igrexa, acompañada polo tradicional grupo de gaitas e tamboriles.

Todos os actos na honra á Patroa celebraranse no interior da Igrexa da Régoa, seguindo a normativa de hixiene e distancias de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias, e que suporán unha limitación do aforo e o uso obrigatorio de máscara.

Despois da eucarestía terá lugar, no interior da igrexa, unha ofrenda floral reducida na que depositará frores ante a Virxe unicamente o Alcalde da cidade, José Tomé Roca. A continuación, unha parella de baile tradicional executará dúas pezas tamén diante da Virxe, e dentro do templo.

En diferentes momentos das celebracións relixiosas procederase tamén ao lanzamento de bombas de palenque.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...