HomeCulturaO Folión de Carros lucirá "en imaxes" na Praza de Galicia de...

O Folión de Carros lucirá “en imaxes” na Praza de Galicia de Chantada

A exposición fotográfica exterior “Folión de Carros. Patrimonio Cultural de Chantada”, que organiza a asociación cultural Amigos do Folión, estará situada na Praza de Galicia ata o venres 28 de agosto.

Publicado o

POR
Tedacción
- Advertisement -

A exposición “Folión de Carros. Patrimonio Cultural de Chantada”, deseñada pola Asociación Cultural Amigos do Folión está comporta por 32 paneis en 8 cubos con catro caras. Cada cara/panel está composta por unha imaxe representativa do Folión de Carros, unha breve descrición da propia imaxe e a identificación do/a autor/a da fotografía.

As imaxes seleccionadas ofrecen unha mostra da diversidade propia da celebración e a importancia que teñen as persoas para a súa continuidade. Utilízanse tanto fotografías do propio desfile como de outros aspectos que os carroceiros carroceiras consideran relevantes para o Folión de Carros: preparación, cooperación ou desmontaxe dos carros.

As fotografías do desfile mostran as características principais do Folión de Carros: representación de oficios e labores antigas, xugadas de bois e vacas, ambiente festivo, emocións intensas durante o Folión e moita colaboración entre os carroceiros e carroceiras.

As imaxes utilizadas na exposición foron tomadas polos fotógrafos chantadinos Segundo Navaza, Lucía Cereijo e Martín Varela entre os anos 2016 e 2019, a excepción da imaxe do carro “O lugar da Hermida”, que foi tomada no ano 2000 e que forma parte do arquivo gráfico da Asociación Cultural Amigos do Folión.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...