HomeCulturaSarria énchese de maxia entre o 19 e o 22 de agosto

Sarria énchese de maxia entre o 19 e o 22 de agosto

O XVI Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, que chega á súa décimo sexta edición baixo o subtítulo de “Maxia no Camiño”, contará con magos do nivel de Jorge Blass, Mario López ou Miguel Ángel Gea.

Publicado o

- Advertisement -

A vila de Sarria volverá ser escenario, e xa son dezaseis anos, de grandes espectáculos de maxia grazas ao desembarco do 19 ao 22 de agosto dalgúns e algunhas dos/as mellores ilusionistas de Galicia e do Estado.

O evento faise posible grazas a Roberto Lolo, un mago local que tivo a iniciativa da súa organización e que dende os primeiros festivais recibe o apoio incondicional do Concello de Sarria para que se consolide e teña continuidade. Nesta edición cómpre salientar tamén o apoio da Xunta de Galicia e de 60 establecementos locais.

Un total de 15 actuacións distribuiranse entre o xoves 19 e o domingo 22 en diferentes localizacións de Sarria sendo a ‘Gran Gala Final’ na Praza da Vila o último día do festival ás 18:00 h. Nesta actuación estarán Miguel Muñoz, Roberto Lolo, Raymon, Jessica Guloomal, Mago Iago, Celia Muñoz, Jaime Figueroa e Jorge Blass.

Número de hipnose (foto de arquivo do Festival de Maxia de Sarria)

Preguntámoslle a Roberto Lolo polas caras novas desta edición e dinos: “vén por primeira vez o campión do mundo Miguel Muñoz; estará a gañadora de Got Talent, a ventrílocua Celia Muñoz; Daniel Sánchez, semifinalista tamén de Got Talent; e un rapaz novo, Magic Mateo”.

No apartado de novos talentos estarán Samuel Moreno, o rapaz Magic Mateo, e Mago Iago que volve por terceiro ano consecutivo “á xente faralle ilusión velo despois do seu paso por Got Talent e ver como vai medrando enriba do escenario e como artista..”, di  Lolo respecto do pequeno ilusionista monfortino.

O responsable na coordinación e produción refire así mesmo que “tamén están algúns dos mellores magos do país, e incluso case do mundo, como Jorge Blas, que volve por segundo ano consecutivo; Mario López, que tamén foi campión mundial; Jessica Guloomal, Dania Díaz… en fin, xente que triunfou en todo o mundo pero que volven a Sarria porque están moi arroupados e séntense moi a gusto… eu estou súper feliz de que veñan apoiar o festival e que estean aquí é un luxo para todo o mundo”.

ASISTENCIA AOS ESPECTÁCULOS

Para acudir aos espectáculos programados cómpre levar máscara e o aforo irase cubrindo por orde de chegada agás nos seguintes espazos: O Meigallo, As de Pikas e  O Chanto que terá que realizarse reserva previa.

“Espero que saia todo ben e tamén que sexa o último ano que esteamos con isto do Covid”, remata Roberto Lolo.

Para coñecer horarios, escenarios e espectáculos acceder á páxina web do Concello de Sarria.

Número de maxia con interacción do público (con máscaras). Foto de arquivo do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...