HomeEconomíaArtesanía e produtos locais en San Clodio

Artesanía e produtos locais en San Clodio

O vindeiro 21 de agosto haberá un mercado na Praza do Concello desta localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Ribas de Sil acollerá o sábado 21 de agosto unha Feira de Artesanía e de Produtos Locais en San Clodio, concretamente na Praza do Concello.

A iniciativa parte da Asociación Tarabelada, asociación que leva varios anos ofrecendo a diferentes concellos a organización deste tipo de eventos dinamizadores da economía local. Ofrecida a posibilidade de realizar este mercado local ao concello de Ribas de Sil, este aceptou e concretouse a data antes comentada.

Está previsto que se instalen arredor de 16 postos, e cónstanos que xa confirmaron presenza: Artesanía Armaior, Queixos Touza Vella, Malas hierbas cosmética, Cecil Coiro, Diego Joyas, Mel Sacra, Enxógate, Licores Barbudos, Riomao joyery madera, Lana merina, Xabóns e terapias ‘En la Gloria’, Raquel xoiería en pedra, ‘Las cositas de Aurora’ e Caurelor.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...