HomeCulturaCurso preparatorio para obtención do CELGA en Quiroga

Curso preparatorio para obtención do CELGA en Quiroga

O prazo para matriculación remata o vindeiro 3 de setembro e as clases serán os luns, martes, mércores e venres de 19:00 a 21:00 h. na Casa da Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Servizo de Normalización Lingüística que comparten os concellos de Quiroga e Ribas de Sil convoca un curso preparatorio para os exames Celga (Certificado de Estudos de Lingua Galega). Trátase dun sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos. A maneira de obtelo é validando os estudios previos de galego ou mediante un exame convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O curso preparatorio para o exame da Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolverase dende o 1 de setembro ata o 15 de outubro, os luns, martes, mércores e venres de sete da tarde a nove da noite na Casa da Cultura de Quiroga.

Dende o Servizo de Normalización Lingüística resaltan que se prevé que este ano haxa convocatoria de exames no mes de novembro.

O prazo de inscrición para este curso gratuíto estará aberto ata o 3 de setembro a través do teléfono 982 43.51.25.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...