HomeEconomíaRemata o obradoiro de emprego 'Serra do Faro V'

Remata o obradoiro de emprego ‘Serra do Faro V’

A Consellería de Emprego e Igualdade investiu preto de 347.000 euros neste obradoiro que compartiron os concellos de Chantada e Carballedo, e no que se formaron 20 persoas desempregadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o pasado 27 de agosto o Concello de Chantada, acompañado polo alcalde, Manuel Varela, con quen comprobou o resultado dalgúns dos traballos executados grazas a este obradoiro de emprego, na procura da mellora e recuperación de espazos públicos do citado municipio.

TRABALLOS REALIZADOS

Durante nove meses os participantes nesta iniciativa realizaron labores de albanelaría e xardinaría, entre as que destacan, por exemplo, o acondicionamento de beirarrúas na avenida de Monforte; na praza de Galicia, no treito máis próximo aos xulgados; e na mellora de pavimentos na contorna das pistas de tenis.

No que respecta á área de xardinaría, os traballos centráronse en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes nas contornas do campo de fútbol de Sangoñedo e do paseo fluvial do río Asma, ademais doutras importantes intervencións no parque Eloisa Rivadulla; na avenida de Monforte; na praza de Galicia; no pavillón deportivo do concello, e no viveiro municipal, entre outras.

REPERCUSIÓN DESTE TIPO DE ACCIÓNS

Javier Arias lembrou que estes obradoiros de formación especializada impulsan o emprendemento, incluíndo ademais incentivos para a contratación de participantes en empresas da contorna durante un mínimo de tres meses, que no caso deste obradoiro pode supoñer a contratación de 14 persoas, cun investimento de 21.000 euros.

Por último, o delegado territorial subliñou que todos os alumnos e alumnas traballadores reciben un certificado de profesionalidade que lles permite acreditar a formación recibida, o que facilita a súa inserción laboral.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...