HomesociedadeQuiroga pensa xa no viño e no Camiño de Inverno

Quiroga pensa xa no viño e no Camiño de Inverno

O Concello de Quiroga anuncia novidades de cara á época outonal, tempo de celebración do San Martiño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, anuncia que se traballa xa no programa de actos do patrón da vila quiroguesa, o San Martiño, onde por tradición ten lugar o magosto e a degustación do viño novo. 

Segundo avanzan dende o concello, prepárase un evento esperando contar coa colaboración dunha importante persoa vinculada a un grupo televisivo e estanse poñendo sobre a mesa ideas que xuntarán o viño co Camiño de Inverno. Non en van, como matizou o rexedor local, Quiroga ten o maior número de quilómetros do Camiño de Inverno (36).

NOVO MURAL NO NÚCLEO URBANO

Lembrando a importancia deste camiño dentro do municipio, a vindeira semana comenzará a pintarse un mural de grandes dimensións que terá como protagonista unha peregrina. A obra lucirá na praza da rúa Lago, moi preto da praza Maior, lugar no que por tradición se celebra a festa do San Martiño.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...