IniciosociedadeMonforte abre Abelardo Baanante e a súa escaleira monumental

Monforte abre Abelardo Baanante e a súa escaleira monumental

Este xoves, 2 de setembro inauguráronse as obras de mellora da rúa Abelardo Baanante, que fora peonalizada hai uns meses por acordo de Pleno, e na que tamén se levou a cabo a renovación integral da escaleira que conduce a Santo Domingo e á igrexa da Régoa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións de mellora na rúa Abelardo Baanante e na súa escalinata, deron comezo á principios deste ano 2021, contaron cun investimento total de 95.515,20 euros e foron adxudicadas á empresa Explotacións Medioambientais.

O rexedor municipal indicou que “aproveitamos as obras en Abelardo Baanante para colocar, no inicio da rúa no entronque coa rúa do comercio unha placa de granito na que se gravou cunha dedicatoria conmemorativa a Consuelo Alonso, persoa que o Concello homenaxeou recentemente por ser represaliada inxustamente durante a Guerra Civil e que viviu nesta rúa”.

A rúa Abelardo Baanante esténdese dende o entronque coa rúa Comercio e a Praza do Dr. Goyanes ata a súa confluencia coa rúa Santo Domingo, dando acceso á igrexa da Régoa e tamén ó colexio Torre de Lemos. A rúa obedece a un trazado de marcada orixe medieval como vía de comunicación da fortaleza coa ponte vella que cruza o río Cabe. Crese que foi unha vía na que se aposentaron na Idade Media familias de orixe xudía e por ela mesmo podería discurrir unha variante do Camiño de Inverno.

Procedeuse tamén á renovación da escaleira de 55 chanzos que leva ata a igrexa da Régoa e Santo Domingo, recuperando así a monumentalidade e esplendor da mesma. Colocáronse peldaños dunha soa peza nos dous primeiros tramos, xa que todos miden ó redor de 3,10 m, e o resto do peldañeado foi colocado en dúas pezas de lonxitudes variables segundo o tramo.

Tamén se levou a cabo a retirada, rehabilitación, recrecido e recolocación da barandilla de pedra existente. Para o recrecido, dispúxose dunha peza de granito Grissal abuxardada, de 15 cm de altura colocada sobre o zanquín existente.

“Con este proxecto, ó que hai que engadir a mellora integral da praza de Doutor Goyanes así como a remodelación da rúa Armando Cotarelo, cuxas obras están a piques de rematar”, destaca o Alcalde, “creo que estamos a mellorar significativamente esta área próxima á Ponte Medieval e no corazón histórico da cidade, favorecendo a calidade de vida dos nosos cidadáns. Dende o Equipo de Goberno, continuamos co desenvolvemento do programa de mellora de infraestruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas e que vou cumprindo, tal como anunciamos”. 

ÚLTIMAS

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...