HomePolíticaO PP faise eco das queixas veciñais polas obras da reforma do...

O PP faise eco das queixas veciñais polas obras da reforma do parque infantil Val de Lemos

O PP de Monforte volve a insistir en que o concello non pode presumir de como executa as obras, neste caso refírense á reforma do parque infantil Val de Lemos. Aseguran os populares que hai críticas veciñais polo moito tempo que se prolongan os traballos, que están parados na actualidade, e porque o proxecto non se adapta ás condicións do entorno. Por elo, a portavoz popular, Katy Varela pide explicacións ao goberno local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O contrato para esta obra formalizouse o 16 de decembro do ano pasado. O importe total ofertado, impostos incluídos, foi de 61.725,73 euros. Varela destaca que o prazo de execución quedou fixado en 56 días, e xa transcorreron máis de 8 meses e a obra está aínda sen rematar.

Varela sinala: “Os veciños están molestos pola paralización das obras, pero tamén polo estado no que se atopan, pois tapan algunha das casas e non parece un proxecto que se adapte á contorna”.

Os populares están alarmados “pola falta de preocupación e deixamento do alcalde na execución das obras municipais, como neste caso”. Din que “parece que só lle importa anunciar o investimento para saír na foto, porque despois mostra unha total despreocupación no desenvolvemento da execución das obras; pasou coas da Praza Doutor Goyanes e arredores, e vemos que está a suceder agora tamén”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...