HomesociedadeComeza a primeira fase de construción do novo cemiterio municipal de Quiroga

Comeza a primeira fase de construción do novo cemiterio municipal de Quiroga

En breve comezará tamén o movemento de terras para a urbanización da nova rúa que unirá a rúa Tallos coa rúa Rego da Silva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor local, Julio Álvarez, achegouse ata o lugar onde xa se comezaron os primeiros traballos no terreo  que ten unha superficie de 3.326 m2, financiados con 175.000 €.  por Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e pola Consellería Infraestruturas e Mobilidade.

O primeiro que se realizou na parcela foi unha roza e limpeza do terreo, posteriormente escavarase nunha parte da parcela, sobre todo a zona situada ao norte da ampliación, para realizar cun recheo de terra coa finalidade de  homoxeneizar a pendente da parcela.

Como seguinte punto, realizarase unha primeira parte de firmes, preparando o terreo cunha base de zahorra e realizando os pavimentos da parcela. Neste momento tamén se realizará a obra para a instalación  de saneamento, fontanería e unha preinstalación enterrada de cableado de iluminación.

Ademais de crear as zonas verdes do cemiterio, achegando terra vexetal e  sementando nas zonas marcadas e plantación de arbores e plantas.

As obras da nova rúa, cunha lonxitude de 200 metros e unha anchura de 16 m., que ademais de unir a rúa Tallos co Cuartel da Benemérita, dará servizo ao futuro Cemiterio Municipal,  está previsto que comencen en breve.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...