HomesociedadeCristina necesita axuda para atopar a súa familia en Pantón

Cristina necesita axuda para atopar a súa familia en Pantón

Publicado o

- Advertisement -

Cristina naceu en Arxentina hai 43 anos. Os seus avós galegos foron dos que antes de que estalara a Guerra Civil española colleron as poucas pertenzas que tiñan e subíronse a un barco en busca dun futuro mellor. Víctor Martínez Fernández, nado no 1873, era o zapateiro de San Fiz de Cangas, en Pantón, a comezos do século XX. Viúvo e cunha filla do seu primeiro matrimonio, María Gloria Martínez Varela, casou en segundas nupcias con María Concepción Álvarez Alonso na igrexa de San Xulián de Serode no 1920.

Víctor, recén casado cunha muller 27 anos máis nova ca el, deixou de arranxar o calzado dos veciños para gañar uns cartos, que naqueles anos, eran impensables de gañar en Galicia.

Pero a fortuna non estivo do seu lado e nunca máis volveu á terra que o viu nacer. Xa na Arxentina formou a súa familia onde tivo 5 fillos, 2 dos cales naceron mortos. Os xemelgos Pedro e José, e Dora, foron os fillos que sobreviviron do matrimonio. Fixeron a súa vida e formaron as súas respectivas familias na Arxentina e nunca tiveron vínculo coas súas raíces de Pantón.

E aquí é onde xorde Cristina Martínez Cordoba, filla de Pedro. Unha moza que decidiu no ano 2005 virse para España. Agora, falta de raíces familiares, busca ós seus avós Victor e Concepción en San Fiz de Cangas e San Xulián de Serode porque aínda que é a primeira vez que ven a Galicia, quere saber quenes eran os seus devanceiros e sobre todo, coñecer as orixes da súa familia. Ese núcleo de persoas que deron o mellor de si nun país alleo e do que Cristina marchou hai 13 anos.

E agora Cristina precisa de nós. Estará por Terras de Lemos ata o 28 de agosto buscando as súas orixes e toda aquela información que se lle poda aportar de utilidade para o seu cometido, sería de gran axuda.

 

 

 

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...