HomePolítica"Os salarios dos empregados municipais páganse como corresponde", asegura o alcalde de...

“Os salarios dos empregados municipais páganse como corresponde”, asegura o alcalde de Pantón

"Todo o mundo que traballa con ABanca sabe que o día 1 tivo problemas informáticos e ingresaron o día 2, pero que pagamos unha semana máis tarde é mentira", afirma o alcalde. "Este mes será como corresponde", conclúe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Pantón dicía a pasada semana facerse eco das críticas dalgúns empregados municipais que aseguraban ter cobrado as nóminas de agosto cunha semana de retraso porque o concello tiña privatizado este servizo.

Desde o concello de Pantón, o alcalde, José Luis Álvarez, asegura que as nóminas se pagaron como sempre a pesar de vir de xubilarse o funcionario encargado de facelas. “O concello paga o último día de mes e sae en nómina o día 1 como lles saiu a todos, excepto aos que cobran por ABanca que lles saiu o 2 porque ABanca tivo un problema informático o día primeiro. Entón, non se pode falar de retrasos dunha semana”, asegura o alcalde.

Sobre a privatización deste servizo, José Luis Álvarez, aclara “Non se privatizou nada, as nóminas facíaas un funcionario que tamén se encargaba de dar de alta e de baixa ao persoal, xubilouse e mentres non metamos outro funcionario, contratamos os servizos, como fan todos os concellos da contorna. Eramos o único concello que faciamos a nóminas nós, quedamos nesta situación e veremos cal é a mellor opción para o concello.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...