HomePolíticaOs alcaldes populares reclaman non perder servizos bancarios no rural lucense

Os alcaldes populares reclaman non perder servizos bancarios no rural lucense

Os alcaldes populares demandan unha “estratexia nacional” para non perder servizos bancarios nos concellos da provincia de Lugo. Así o manifestaron durante unha reunión de traballo na que participaron os rexedores de Baleira, Bóveda, O Incio, As Nogais e Paradela e o tenente de alcalde de Guntín, xunto á presidenta provincial do PP, Elena Candia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Candia explicou, neste sentido, que “o Partido Popular da provincia de Lugo levará iniciativas ás distintas institucións demandando ao Goberno de España un plan estatal para combater o peche de oficinas bancarias nas zonas menos poboadas. É dicir, os entornos non urbanos”. E engadiu que “debe ser unha normativa coordinada coas administracións autonómicas, provinciais e locais e que inclúa medidas para facilitar o acceso da poboación a estes servizos”. Así mesmo, sinalan os populares que “debe ser o Goberno de España o que, a través do Banco de España, esixa ás entidades bancarias ratios de prestación de servizo moito máis inferiores” para “garantir uns servizos financeiros mínimos e a igualdade de condicións no seu acceso tanto para a poboación urbana coma para a do rural”.

Os populares amosaron o seu compromiso de traballo para manter e dotar de servizos ás zonas menos poboadas co obxectivo de “potenciar o rural reforzando aos concellos para fixar poboación”.

A presidenta provincial do PP considera que “é necesaria a implicación de tódalas administracións, sen importar as cores políticas, na procura dunha solución a nivel nacional a este problema”. Candia manifestou a conveniencia de “chegar a acordos” co único obxectivo de evitar a exclusión financeira da nosa provincia”.

A popular lamenta que ata o de agora, “o Goberno se desentendera desta problemática” e que “tampouco o Goberno que preside o señor Tomé se dirixira ao Executivo de Sánchez defendendo os intereses dos lucenses afectados”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...