HomeCulturaRitmos angoleños na 'Cantina de Meán'

Ritmos angoleños na ‘Cantina de Meán’

Alberto Mvundi ofrecerá un concerto nesta taberna do Saviñao o vindeiro sábado 11 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O autor, compositor, intérprete e multi-instrumentista angoleño, Alberto
Mvundi
, que vén de pasar polo Círculo Saviñao este pasado mes de agosto, volve a estas terras para ofrecer un concerto na Cantina de Meán.

Na actuación, Mvundi e os seus acompañantes, Margarinha M. –baixo e voz–, Gael Alberto –batería– e Xela Maxinde –percusións– ofrecerán un repertorio centrado en ritmos africanos de raíz angoleña.

A xerencia do local aconsella reservar con antelación para cear –antes do sábado 11 día do concerto– e lembra que o concerto empezará ás 20:30 horas.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...