Homesociedade16.000 persoas viaxaron este verán nos catamaráns da Ribeira Sacra

16.000 persoas viaxaron este verán nos catamaráns da Ribeira Sacra

As viaxes en catamarán da Deputación de Lugo son un dos grandes atractivos da Ribeira Sacra para os visitantes deste territorio. No que vai tempada, que arrancou no pasado mes de marzo, máis de 26.000 persoas gozaron xa desta oferta turística, delas, 16.000 durante este verán, o que supón practicamente o 100% das prazas que estiveron dispoñibles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos meses de xullo e agosto, a alternativa polo Canón do Sil, que parte do embarcadoiro de Ponte do Sil, acolleu a 10.949 viaxeiros. Pola súa banda, a ruta de Belesar acolleu a 5.043 persoas. A día de hoxe xa están reservadas máis do 50% das prazas dispoñibles ata final de ano, polo que a Deputación espera pechar esta tempada con 40.000 pasaxeiros.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, subliñou que estas cifras de ocupación “tan positivas” consolidan este servizo público da institución provincial “como unha oferta turística atractiva que contribúe a dinamizar a economía e recuperar os sectores do turismo, a hostalería e o comercio fronte ao impacto da pandemia”

Rutas, reservas e horarios

Ata finais de ano, as persoas interesadas en coñecer a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da Deputación de Lugo poden acceder á web reservas.rutasembalses.es, ou ben contactar no correo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou no teléfono 982.260.196 en horario de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas.

Mantéñense os dous percorridos: a ruta fluvial Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte de Sil, en Monforte de Lemos; e a Ruta Fluvial do Cabo do Mundo, que transita polo Saviñao, Pantón e Chantada. Dende o 12 de setembro e ata a ponte de decembro os catamaráns pasaron a funcionar de mércores a domingo con dúas viaxes por día.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...