HomeMedio ambiente e PatrimonioDurante dúas semanas seguirase escavando no xacemento arqueolóxico de Proendos

Durante dúas semanas seguirase escavando no xacemento arqueolóxico de Proendos

Os traballos de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos, que impulsa a Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Sober, iniciaron este luns, 13 de setembro, unha nova fase.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa Tempos Arqueólogos, encargada da exploración do xacemento, desprazou a seis traballadores ata a localidade onde xa se atopan levando a cabo as súas escavacións, que se prolongarán durante dúas semanas.

A actuación vai consistir na apertura da parte suroeste do hórreo romano aínda sen escavar atopado nos anteriores traballos, un achado que podería converterse no máis grande de Galicia e o primeiro da Comunidade vinculado a unha vila romana.

A maiores, levarán a cabo traballos de escavación preto da igrexa para analizar a posible existencia dun posible columbario formado por varias estruturas circulares. No traballo de campo anterior saíron á luz numerosos materiais de ampla cronoloxía que van desde o século I ata o século V.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...