HomesociedadeEste luns ábrese o prazo para inscribirse nas Escolas Municipais de Música...

Este luns ábrese o prazo para inscribirse nas Escolas Municipais de Música e Danza de Monforte

O Concello de Monforte anuncia que a partir do luns, 20 de setembro, abrirase o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza de Monforte para o curso 2021/22.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou en horario de tarde entre as 16:00 e as 18:00 horas.  Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace:

Especialidades musicais ofertadas:

  • Música e Movemento (nenos entre 4 e 5 anos)
  • Percusión (batería, percusión)
  • Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro)
  • Teclado
  • Acordeón
  • Violín
  • Guitarra española, Guitarra eléctrica
  • Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba

En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

Escola Municipal de Danza

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión…, atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.

Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza. Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada. Todas as persoas interesadas, poderán tamén informarse no 982 40 38 93.

As especialidades ofertadas son:

  • Danza tradicional galega (a partir de 5 anos)
  • Danza contemporánea / moderna (a partir de 9 anos)
  • Ballet clásico (a partir de 5 anos)

ÚLTIMAS

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...