HomePolítica"A suba de impostos municipais afogará a negocios e consumidores", denuncia o...

“A suba de impostos municipais afogará a negocios e consumidores”, denuncia o PP de Monforte

Os populares votarán en contra da proposta do rexedor no pleno do vindeiro luns que inclúe o incremento das taxas do lixo e da rede de sumidoiros e depuración de augas; o que pode supor un aumento na factura dos particulares de un euro ao mes e de cinco ou seis na dos hostaleiros, segundo sinalan os populares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta suba das taxas supón, segundo revela a voceira popular, que os veciños vexan aumentada, por exemplo, a súa factura na recollida de residuos nun euro ao mes e os hostaleiros en cinco ou seis euros en función dos metros cadrados dos que dispoña o local que rexentan.

Dende o PP rexeitan publicamente esta decisión, sobre todo, “porque estamos nun momento no que o que necesitamos os veciños e os autónomos son axudas para a recuperación, non que, por riba, aínda teñamos que pagar máis”, manifesta Varela.

Ademais, advirte a popular, a suba de ditas taxas non se xustifica se se ten conta que a entidade local non investiu nada do remanente incorporado ao convenio asinado coa Deputación e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a mellora do saneamento cidade. A cantidade engadida ascende a 750.000 euros.

“Dispoñendo deste remanente é inconcebible que sigan facendo pagar máis ao contribuínte. Xa temos o IBI máis caro e agora súbenos o lixo e a auga, confirmándose así que o único que lle importa ao señor Tomé non somos os veciños, senón autopromocionarse  e facer obras como as realizadas na rúa Doutor Goyanes, na que investiu 80.000 euros e non só quedou como estaba, senón que aínda quedou peor”, afirma.

A popular fai esta valoración logo de que o rexedor anunciase “a bombo e platillo” a renovación da flota, cando decidiu subir os impostos. “O que debería facer o Sr. Tomé é negociar mellor o contrato e non saquear aos veciños. A depuración de augas é un dos problemas máis importante de Monforte e o alcalde non só non o soluciona, senón que por riba nos cobra máis por este servizo”, lamenta.

ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...