HomeEconomía75.000 euros de ingresos nas webs dos establecementos do CCU desde a...

75.000 euros de ingresos nas webs dos establecementos do CCU desde a súa posta en marcha

O ano pasado o Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte recibía unha subvención de 37.000€ da Deputación Provincial para incentivar a dixitalización dos establecementos asociados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta axuda permitiu á asociación de comerciantes a posta en marcha dun programa de desenvolvemento e incentivo de páxinas Webs ao que se sumaron 40 establecementos asociados. Os beneficiarios do programa puideron deseñar gratis a súa páxina Web, adoptando varios deles modernos sistemas de venda en liña.

Do desenvolvemento destas páxinas Web encargouse o Grupo Aulario Athenea, empresa asociada tamén ao Centro Comercial Urbano de Monforte. O mantemento destas plataformas, gratuíto durante o primeiro ano, asumirano os propios negocios beneficiarios pero tamén con condicións vantaxosas xa que, durante o segundo, o terceiro e o cuarto ano, terán un desconto do 60% sobre o custo normal do servizo.

A aposta dixital do CCU de Monforte superou as expectativas iniciais. En só uns meses desde a súa posta en marcha, as vendas xeradas a través destas páxinas Web xa superaron os 75.000€ de ingresos e estímase que ao finalizar o ano poderían superar os 100.000€. Un dato importante tendo en conta que non todas elas deron, aínda, o salto á venda en liña.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...