HomesociedadeQuiroga 'fusionará' viño e camiño na celebración do San Martiño

Quiroga ‘fusionará’ viño e camiño na celebración do San Martiño

Co San Martiño xa no horizonte, o Concello de Quiroga prepara a celebración do patrón da vila con importantes novidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Comisión Organizadora, presidida polo Alcalde, reuniuse estes últimos días para ir deseñando o programa de actos que este ano pretende ter un carácter algo especial. O día grande é o 11 de novembro e trabállase na elaboración dunha programación máis ampla para esta xornada festiva con actividades a desenvolver en diferentes localizacións. A premisa é, nesta edición, conxugar dous elementos de gran importancia para o concello: o viño e o Camiño de Inverno a Santiago. Con esta idea daráselle á programación o título de “San Martiño, o viño no Camiño”.

POR QUE ESTA EDICIÓN ESPECIAL?

Varios son os factores que propiciaron esta edición especial do San Martiño. Por unha banda a importancia do viño e do Camiño de Inverno; o viño como elemento esencial na paisaxe, na economía, nos costumes e nas tradicións deste concello. E o camiño pola súa importancia no pasado e o seu potencial presente e futuro de dinamización cultural e tamén económica para Quiroga.

Por outra banda, porque se pensou tamén en ‘compensar’ dalgún xeito que non se poidera celebrar integramente e como manda a tradición a Feira do Viño este ano.

Deste xeito, a intención da Comisión Organizadora é confeccionar unha serie de actividades musicais, deportivas e culturais que formarán parte do programa “San Martiño co viño no Camiño”. Un programa pendente de concretar que, como novidade, non só se desenvolverá na vila de Quiroga senon tamén en varios lugares estratéxicos do tramo do Camiño de Inverno que pasa polo municipio.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...