HomesociedadeÉxito de matriculación na Escola de Música de Sarria

Éxito de matriculación na Escola de Música de Sarria

Todas as especialidades completadas nun centro que comeza o novo curso este mércores día 6 de outubro. Ata o día 14 terán lugar as presentacións das diferentes especialidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Escola de Música Municipal de Sarria celebra a boa acollida na matriculación para o novo curso que comeza oficialmente este 6 de outubro con 206 alumnos/as e máis de 400 matrículas. En alumnos/as están máis ou menos como no curso anterior pero en matrículas aumentaron moito, tendo o pasado ano ao redor de 350.

Esta información facilítanola o seu director, José Antonio González, que nos di tamén que as materias de ‘linguaxe musical’ e ‘estimulación musical temperá’ son as que máis alumnos/as suman. Esta última, para cativos/as de 0-3 anos, é con diferenza a máis demandada tendo que diversificala en varios grupos.

No que respecta a aqueles instrumentos máis solicitados destacan o piano, guitarra e percusión, engadindo a estas materias que deixaron xente sen praza, a de ‘música e movemento’ (para cativas/os de 3-5 anos). O éxito xeral é tal que incluso instrumentos como o clarinete e a frauta traveseira tamén se completaron.

Respecto ás medidas anticovid dinos José Antonio que manterán a seriedade e cumprimento do pasado curso, un curso no que non tiveron ningún caso de covid. “Aínda que agora se reduciu a distancia, e autorízase 1,20 nós imos manter a distancia de 1,50 pois xa temos todo así preparado do curso anterior”, comenta tamén.

Aínda que este mércores 6 será a data de comezo oficial, o ritmo irase collendo pouco a pouco e nas xornadas que van deste día ao 14 haberá unhas sesións previas de presentación das distintas especialidades.

Aquí amosamos as devanditas presentacións por días:

Mércores 6 de outubro

-‘Estimulación musical temperá”, coa profesora Ana Rodríguez, ás 17:30 h.

-‘Música e movemento’ as 19:00 h. tamén con Ana Rodríguez.

Xoves 7 de outubro

-‘Linguaxe musical’, con María, Ana, José e Gerardo, ás 17:30 h.

-‘Piano’, con María dolores Viana, ás 19:00 h.

Venres 8 de outubro

-‘Clarinete e saxofón’, con Manuel Montero, ás 17:30 h.

-‘Vento metal’, con José Antonio, ás 19:00 h.

Mércores 13 de outubro

-‘Tuba, Piano e Gaita’, con Iñaki López, ás 17:30 h.

-‘Percusión’, con José Luis García, ás 19:00 h.

Xoves 14 de outubro

-‘Acordeón e guitarra’, con Gerardo González, ás 17:30 h.

-‘Frauta Traveseira’, con Estrela Fernández, ás 19:00 h.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...