HomeCulturaCultura e deporte no outono de Quiroga

Cultura e deporte no outono de Quiroga

Coa chegada do outono o Concello de Quiroga retoma moitas das actividades lúdicas, deportivas e culturais desta época e organiza moitas outras coa finalidade de ofrecer á veciñanza unha ampla oferta para disfrutar do seu tempo de lecer.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre as actividades que se retoman están as clases de música e movemento, guitarra e piano, a ludoteca infantil, as escolas deportivas de fútbol sala e voleibol, ou o curso de preparación de graduado en ESO e competencias clave.

Máis específicas para este mes de mes de outubro organizáronse actividades con motivo do Día das persoas maiores, do Día da muller rural, do Día do cancro de mama e do Día da biblioteca. Dúas son as andainas previstas para este mes, unha delas será de terror. O concello retoma este ano o QUIMEDO, unha andaina nocturna para os máis valentes que se fará o día 30 para celebrar o Samaín.

No mes de novembro teatros, magostos, andainas e un ciclo de conferencias sobre o manexo do estado hídrico e xestión da vexetación empregando restos nos viñedos; así como un proxecto para subir a autoestima das mulleres dentro do programa “Namórate da túa vida”. Sen esquecer todo o organizado especificamente con motivo da celebración do patrón da vila dentro do programa San Martiño e viño no camiño.

No mes de nadal, ademais das celebracións habituais nestas datas, organizáronse campionatos de tute para os maiores, minichef para os máis pequenos, moitas animacións infantís e un torneo de fútbol sala para rematar o ano coa carreira solidaria San Silvestre.

Todas estas actividades compleméntanse durante estes meses con outras específicas coas que colabora o concello como o curso de Estimulación cognitiva, as clases de Pilates, de Judo, de Baile rexional e de Gaita, pandeireta e tambor.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...